Carlos Jiménez no Zona Mixta | Carlos Riande
Carlos Jiménez no Zona Mixta | Carlos Riande
CARLOS RIANDE CORTIZO

@carlosriande

Falamos con Carlos Jiménez (Viveiro, 1971), Premio da Federación Galega de Prensa Deportiva 2013 no apartado de RADIO. Descrito coma un animador que soubo conectar o mundo do deporte co humor nunha nova concepción da información deportiva. Explícanos nesta entrevista de que trata isto, entre outras moitas cousas.

O noso convidado licenciouse en Historia na Universidade de Compostela aínda que sempre estivo ligado coa prensa e o audiovisual. Cunha larga traxectoria facendo dobraxes para series e publis en galego, presentou amais unha morea de formatos en radio e televisión destapando todo o seu talento comunicativo. 

Xornalista na CRTVG, actor, animador, dobrador… e un montón de cousas nas que intentaremos centrarnos a través do deporte. Membro do Galicia en goles (2009-2017 e 2018-2019). Dende este ano en Zona Mixta e ademáis dirixe e presenta dende hai un par de anos Déitate, un programa de humor. 

A ver se sodes quen de adiviñar a súa imitación na despedida. Seguro que si, que o fai tan ben que é moi sinxelo…

Aquí arranca o primeiro ‘Hablemos de Fútbol’ en formato podcast de Mundo Esférico! Xa dispoñible no noso perfil de iVoox.